Esta iniciativa promovida pola Axencia Turismo de Galicia en colaboración cas cinco denominacións de orixen de vino galegas, permitirá o último fin de semana de Maio realizar diferentes actividades en Monterrei.

Percorre a as adegas no Viñobús Monterrei gratuíto. Establécense dúas rutas o Sábado 30 de Maio con visitas e degustacións en adegas e outras actividades de ocio e culturais como visitas a Igrexas, Lagares rupestres, ruta de viños polo Casco histórico e Concerto e Túnel do Viño.

A ruta 1 sairá dende Ourense ás 10.00h con paradas en  Allariz, Xinzo e Verín.

A ruta 2 sairá dende Vidago ás 9:30 (hora PT) con paradas en Chaves e Verín.

É necesario a reserva de praza. A data límite será o Venres 29 ata as 14h00. A reserva farase a través do tlf. 679 922 588  ou no correo electrónico disfrutagalicianaturalmente@gmail.com.

Durante este fin de semana haberá ademáis visita e degustación gratuíta nas adegas participantes nas Xornadas: Adega Boo Rivero, Adega Crego e Monaguillo, Adega Gargalo e Adega Abeledos. Os horarios de visitas son o Sábado 30 ás 11h30, 13h00 e 18h00 e o Domingo  31 ás 12h00.

Outras actividades gratuitas o Sábado día 30 son un Máster Class sobre Lagares Rupestres ás 19h00 na Casa da Cultura de Verin, Exposición fotográfica “A auga e a Pedra e Concerto, de 10h00 a 14h00 e de 17h00 a 20h30h na Sala de exposicións de Verín e “Son e Viño “, que consitirá nun Túnel do Viño con un aperitivo e unha actuación musical. Celebrarase de 21h00 a 22h30 no Claustro dos Mercedarios de Verín.

Haberá outras actividades neste fin de Semana de Portas Abertas como rutas a cabalo, rutas cicloturistas, rutas guiadas polos Castros de Cualedro , rutas de sendeirismo polos Milenarios Lagares rupestres e moito máis.

Ademáis haberá ofertas especiais nos aloxamentos O Retiro do Conde e Parador de Verin e nos restaurantes Lugano e Enxebre Monterrei (Parador de Verin)

Para máis información:

www.domonterrei.com

Hacer Comentario

Su dirección de correo electrónico no será publicada.